|
|
|
|
|
DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN FESTAS DO CARME DO CABO
DA CRUZ - ANO 2010. |
||
|
FOTOS E VIDEOS: |
||
|
CARTELES
XULLO: |
||
|
|
||
|
|
||
|
|
||
SAÚDO DA DIRECTIVA
Dirán vostedes : ¡Outra asociación máis na
parroquia de O Castro.!
Pois así é por incrible que pareza, esta nova
asociación nace co gaio de manter a marabillosa tradición que para o noso pobo
son as Festas do Carme, xa que deste xeito agardamos poder lograr, co
esforzo de todos, non corra o perigo de perderse, poida que deste xeito sexa
máis doado superalos obstáculos e trámites que unha celebración de semellantes
características acaréea a aqueles que se aventuran a tratar de levala a cabo.
Por iso, e porque queremos disfrutar con
vostedes da festa, velos nenos nas atraccións, e como non, que o noso
pobo se eleve e se coñeza, e tamén pólo moito que somos capaces de disfrutar e
divertirnos un día de festa, e que non nos arremeda o desafío que cada ano supón
levar a bo porto esa celebración.
E como xa somos vellos coñecidos, contamos con
todos vostedes, polo Carme, para o Carme e no Carme.
Saudiños.
LOGROS.
Xa levamos organizando
as celebracións na honra da Virxe do Carme neste pobo dende o ano 2001, así ano
tras ano saímos as rúas na percura dos fondos necesarios para poder levar a bo
porto estes festexos, sabemos que cada ano custa máis, pero non nos daremos por
vencidos, tratamos de que todos os novos veciños e todos aqueles que nesas
datas se achegan ata a nosa vila disfruten. Tivemos un ano de descanso no 2006,
e aínda así ese ano con pouco tempo a festa seguiu adiante, logo decidimos
volver tomar as rendas e crear esta asociación para ter o máis fácil iso dos
permisos, como ven sabedes temos dúas contas bancarias abertas, en Caixa
Galicia e
No 2007
tivemos xogos populares, fútbol masculino, campionato de bolos, a procesión
xunto coa misa e a ofrenda floral, exhibición de bailes latinos, verbenas e
fogos artificiais.
No 2008
repetimos cos xogos populares (variando o tipo de xogos), fútbol nesta ocasión
masculino e feminino, campionato de bolos, procesión, fogos artificiais e
verbenas con grandes orquestras (de feito houbo unha gran afluencia de público
durante as actuacións destas orquestras).
No ano
No 2009
avisamos que sería toda unha sorpresa, ¡e menuda sorpresa! ¿non si señores e
señoras?, agradecemos a súa participación en todos os actos que se levaron a
cabo, gracias polo seu apoio en todos os aspectos.
Este ano
2009 xa comezamos a traballar a reo para as celebracións do 2010, xa lles iremos
informando a medida que vaiamos elaborando todo o programa, e xa estamos
mirando as orquestras, e tentaremos
contar de novo con orquestras de moita sona en toda Galicia,, así que xa saben
hai que ir xuntando nun bote para que iso se cumpra. Lembren que temos dúas
contas bancarias en
Xa contamos
ca maior parte do programa para este ano 2010 e poden comprobalo nesta web de
Cabo e tamén dende Asociación de FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ, voten unha ollada e verán o que se poden ir
atopando, a medida que o programa vai estando máis avanzado iremos informando
de todas as novidades. Este ano non contaremos con orquestras como a Panorama
ou Paris debido a que apesares dos intentos dende agosto do ano pasado, foi
imposible dado que para as datas nas que celebramos a festa xa estaban
ocupadas. Dicirlles que comezaremos a pasar polas súas portas na primeira
semana de maio e que daremos unha segunda volta e que contamos con toda a súa
colaboración.
Todo o relativo ás Festas do Carme 2010 saíu ben, salvo que o día 15 de
Xullo para a verbena fixo acto de presenza a choiva e a Orquestra “Costa Oeste”
tivo que acabar por suspender a súa actuación pois a choiva dáballes de fronte,
así que voltarán o 23 de Xullo para deleitarnos pola noite, gustaríanos ter
algunha sorpresa para esa noite. Acudan a disfrutar.
En breve iremos poñendo as fotos para que poidan ver todos os acontecementos
nestas Festas do Carme 2010.
.
AGRADACEMENTOS
Se queren
mirar e descargar fotos de todos estes anos, teñen os links na sección de fotos,
pero lembren que pertencen os seus autores, que xa se mencionan ao lado de cada
ano, e as que non teñen nome pertencen a esta entidade.
Gracias a
todos en xeral para non esquecer a ninguén, pero sobre todo os membros da
Directiva que fan un traballo que moitas veces non se ve, e sabemos que
vostedes se decatan do difícil que é levar a cabo todo isto e que están
contentos con nós pois chégannos felicitacións de moitos de vostedes, así que
graciñas a todos.
En breve esperamos contar con algúns vídeos feitos
por algún veciño, aínda que non teñan unha gran calidade, son tan só unha
pequena mostra do que aquí facemos. En canto estén na web xa poñeremos os links
Agradecemos a colaboración de tódolos veciños da parroquia e de fóra dela,
locais comerciais, pubs, bares, cafeterías, Concello de Boiro, A/VV A Unión,
Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deputación Provincial de A Coruña, e
demais entidades colaboradores.
Se desexan información para facerse socio,
escríbanos, lembren que é de balde, señores non temos ningún tipo de cuota,
cada quen aporta se quer e o que queira.
CORREO ELECTRÓNICO: festasdocarme@yahoo.es
DIRECTIVA
|
Presidenta: |
Milagros Fernández Laíño. |
|
Vicepresidente: |
Ángel Manuel Dieste Hermo. |
|
Secretaria: |
Lorena Torrado Suárez. |
|
Tesoureira: |
Mª Esperanza Cespón Gómez. |
|
Vocais: |
José Fabián
Fernández Lojo. Mª Manuela Fernández
Laíño. Carlos Manuel
Viturro Suárez. Paula Touceda
Ozores. Mari Carmen
Torrado Suárez. Miguel A. Ramos
Añón. Celestina
Ferreirós. |
CONTACTAR
Dirección:
Campo, 2 Baixo. Dereita.
15939 Cabo de Cruz
Boiro (A Coruña)
Teléfono:
676 82 33 23
Fax:
981 84 70 01
CORREO ELECTRÓNICO: festasdocarme@yahoo.es
LIGAZÓNS ORQUESTAS
· http://www.tromposdasnicras.tk
· http://www.supersandwich.net
· --------------------------------
· http://www.orquestaolympus.net
· http://www.philadelphiashow.info
· http://www.orquestagranparada.com
· http://www.orquestapanorama.com
· http://www.orquestaismael.com
· ............................................
LIGAZÓNS PRENSA
· Vieiros: Galiza Hoxe - Barbanza
· :: Canal Rías Baixas · TVSB
::
Última
actualización