|
A
asociación de veciños A UNIÓN de Cabo de Cruz publica
entre tres e catro boletíns informativos ó ano co nome de
"O SOCAIRE". Este boletín pódese baixar desde a páxina da
asociación http://www.cabodecruz.org/socaire.htm.
Sin pretender que esta revista dixital acabe sendo unha duplicidade de
información, tomará identidade propia, e terá un carácter monográfico;
cada número versará sobre un tema concreto que pode ser proposto polos
alumnos do colexio, posto que a intención da redacción da revista é que os
autores dos artículos sexan os nenos e nenas da parroquia. Sen que esto
sexa excluinte, posto que como a revista está en internet, non teríamos
ningún problema en publicar algún artículo recibido por correo
electrónico procedente de calquera recuncho do planeta.
|
|