Sociedade Cultural e de Tradicións Mariñeiras

A GAMELA

*      A GAMELA EN "BOIRO CIDADÁN"

 

LIBRO PUBLICADO

*      PRESENTACIÓN

*      PROXECTO ESPERANZA: RECUPERACIÓN DA GAMELA TRADICIONAL DE CABO DE CRUZ

*      CATRO APUNTES SOBRE ESTA EMBARCACIÓN

*      ACTIVIDADES A DESENVOLVER COA EMBARCACIÓN RECUPERADA

*      CONSTRUCCIÓN DA ESPERANZA - LIBERTADE

*      MAQUETISMO NAVAL

*      ENTREVISTA A UN CARPINTEIRO DE RIBEIRA (A BENZA 1985)

*      ASTELEIRO RECUPERADOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO

*      "A CARPINTERÍA DE RIBEIRA HOXE EN GALICIA" POR GERARDO TRIÑANES

*      HISTORIA DA MARIÑA

*      FOTOS

*      FORO GAMELA

*      DICCIONARIO MARIÑEIRO

*      ENLACES

*      CONTACTAR

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN:

Páxina oficial da asociación cultural de tradicións mariñeiras “GAMELA”.

 

INICIO


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO ESPERANZA: Recuperación …

 

Este proxecto parte dunha inciativa da Asociación, coa que se pretende recuperar parte do noso patrimonio histórico-cultural e mariñeiro e dar a coñecer a riqueza etnográfica do noso pobo ás nobas xeracións, a través da construcción dunha réplica da gamela “ESPERANZA” última embarcación desta tipoloxía, tendo que destacar que esta embarcación está referenciada polo historiador e etnólogo Staffan Morling no seu traballo “Las embarcaciones tradicionales de Galicia”

Para levar a cabo este proxecto, dividíuse en dúas fases: unha primeira na que se construiría a réplica da gamela, adquisición dun remolque axeitado para desplazamentos e confección de dúas velas, e nunha segunda fase trataríase de dar a coñecer mediante unha publicación o proceso constructivo da gamela, artes e aparellos cos que pescaba e unha pequena historia da construcción naval na nosa zona.

Para a primeira fase cóntase cunha subención da Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia a través da dirección xeral de formación pesqueira.

A COORDINACIÓN E DIRECCIÓN DO PROXECTO e levada a cabo por Antón Vidal e Gerardo Triñanes.

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CATRO APUNTES SOBRE ESTA EMBARCACIÓN

 

A gamela Esperanza é unha contribución exclusiva da zona de Cabo de Cruz á rica etnoloxía marítima da ría da Arousa, ainda que definir esta embarcación como gamela antóxase demasiado simplista e significa fuxir dunha mínima análise das súas carcterísticas técnicas. Sen profundizar moito, a primeira vista, notamos que o fondo, ainda que plano, non é o clásico da gamela con táboas de babor a estribor, senón que a súa colocación e de proa a popa; tamén pola inclinación da súa popa exagonal e outros aspectos constructivos diríase que naceu para cubrir o oco entre gamela común e a dorna. Trátase en todo caso, dunha embarcación moi singular, dedúcese tamén das súas características técnicas un alto nivel de prestacións que son corroboradas por algúns dos mariñeiros que tiveron a sorte de navegar nelas, tanto a remos como a vela.

A vela que se utiliza nesta embarcación é a nomeada mística. Este tipo de vela xurde como resultado do acortamento da verja e a desaparición dos rizos, sempre incómodos na vela latina normal, que ocasionan un peso molesto para a estabildade do barco. A arboladura é sinxela, leva un obenque a barlovento que serve ó mesmo tempo de driza, leva un motón e no tope do pau incrústase unha peza chamada “noz” para que poida correr ben a driza.

Adicábanse principalmente ós trasmallos e artes varias, sin que tiveran a denominación específica de trasmalleiras. Sería aventurado decir exactamente en que data se empezan a construir este tipo de embarcacións, ainda que é ben coñecido que foron os anos trinta e corenta  os de máis esplendor, cun censo que rondaría as cincuenta, e como puntos de construcción máis coñecidos, O Chazo e Cabo de Cruz.

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES A DESENVOLVER CA EMBARCACIÓN RECUPERADA:

 

Motiva-las novas xeracións neste eido cultural e evitar a perda definitiva deste tipo de construcción, para eso, está en marcha a creación dunha asocioación cultural donde os seus fins específicos son a recuperación e divulgacións de oficios tradicionais.

Revitalizar nesta zona cunha forte tradición en construcción naval o mundo da cultura mariñeira, mediante exposicións, pequenas singladuras, etc…desta embarcación tradicional que constitúe unha das riquezas do noso patrimonio cultural.

Participación nos encontros de embarcacións tradicionais que se veñen desenvolvendo o longo do noso litoral, e outros fora da nosa comunidade.

Fomentar o consumo respondable hacia productos artesáns pola cantidade de elementos positivos que conlevan: emprego fundamental de materias primas autóctonas, baixo custo enerxético para producir, escaso risco medio-ambiental, productos con identidade propia e grande importancia como argumento turístico etc…

Posibilidade de facer cursos de carpintería de ribeira (construcción naval en madeira) para que os afeccionados a vela é a este tipo de embarcacións tradicionais poidan construir a súa propia embarcación.

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONSTRUCCIÓN DA ESPERANZA - LIBERTADE:

 

As dimensións da esperanza e da súa réplica, a Esperanza-Libertade, cunha eslora de 4,59 m, unha manga de 1,66 m, e un puntal de 0,49 m, fainos pensar que dentro desta tipoloxía foi das máis pequenas e, seguramente, das últimas que se construíron.

Todo parece indicar que a gamela de Cabo de Cruz aparece na última década do 1800, como consecuencia dunhas condicións de vida que impoñían unha serie de limitacións  para acceder a embarcacións máis complexas, e polo tanto, máis custosas, como a dorna, pero necesitábase máis seguridade da que afrecía a gamela común. Isto foi, seguramente, o que lle transmitiron os mariñeiros ó mestre Francisco Places Fernández e o que, conxugando a riqueza constructiva e a complexidade da dorna coa maravillosa simplicidade da gamela, o levou a construir un tipo de embarcación única e exclusiva que, sen dúbida, merecía ser rescatada do esquecemento, para colocala no papel que lle corresponde dentro da rica etnoloxía da ría da Arousa.

A secuencia construcctiva dunha embarcación case sempre pola elaboración do modelo. Utilizámo-lo termo “elaboración” por consideralo máis axeitado ca “construcción”, xa que o modelo é a base dunha boa execución da embarcación. Calquera mínimo erro no modelo será multiplicado pola escala correspondente, e o erro queda multiplicado do mesmo xeito.

En xeral, este modelo representa a metade da construcción, posto que a outra parte é completamente simétrica. Antes de construí-lo modelo eleximos unha escala que, polo xeral, para pequenas embarcacións de ata 10 ou 12 m de eslora será de 1/10, e para esloras maiores, de 1/20. Esta escala permitiranos, unha vez feito o modelo, face-los trazados das distintas pezas que compoñen a embarcación (caadernas, codastes, proa, popa, etc.) a tamaño real. Tamén nos valerá para realiza-lo plano da embarcación de onde se obteñen tódalas medidas e cálculos necesarios para a súa construcción.

Modelo de Barco

 

 

Modelo de embarcación tradicional: lancha xeiteira

 

Distintos modelos de embarcacións

 

Dicíamos antes que, case sempre, a nova construcción empeza pola elaboración do modelo, agás no caso de pequenas embarcacións, como a gamela que nos ocupa. Neste caso, tamén podemos facelo coa técnica coñecida como: a partir dos bordos, polo que a secuencia constructiva a partir do modelo queda alterada da seguinte maneira:

Secuencia constructiva a partir do modelo: quilla, proa, popa, cadernas, cuberta bordos e fondo.

Secuencia constructiva a partir dos bordos: proa, popa, bordos, cadernas, fondo, cuberta e quilla.

O mestre artesán, no caso da construción da réplica da Esperanza, utilizou a técnica a partir dos bordos, e fixo a estampa de popa da Esperanza. O mesmo fixo ca proa, na que realizou o alefriz necesario para recibi-los tres bordos en “tingladillo”, que caracterizan esta tipoloxía de embarcación. Tanto o lanzamento da proa como a caída da popa colócanse a partir do madeiro de armar, coa mesma inclinación que ten a embarcación orixinal, clave para que a embarcación que tratamos de reproducir non se vexa alterada.

No medio da embarcación colócase unha falsa caderna mestra, e no primeiro tercio de proa unha falsa caderna do zapatón. Ámbalas dúas cadernas son unha réplica exacta e teñen a mesma disposicións cás súas homólogas da embarcación que se pretente reproducir. Tendo en conta os puntais máximos destas dúas cadernas, o da popa e o da proa da embarcación, colócase un barrote ou vagra que nos definirá o canto do fondo do primeiro bordo, tamén nomeado bordo de abaixo. Nesta fase da construcción, e tal como amosan as fotografías, xa nos facemos unha idea de cómo será esta embarcación.

1.- Proa. 2.- Estampa de popa. 3.- Cravadeiras da popa. 4.- Falsa caderna maestra. 5.- Madeiro de armar. 6.- Falsa caderna do zapatón. 7.- Vagras. 8.- Fasquía.

 

1.- Proa. 2.- Estampa de popa. 3.- Cravadeiras da popa. 4.- Falsa caderna maestra. 5.- Madeiro de armar. 6.- Falsa caderna do zapatón. 7.- Vagras. 8.- Fasquía.

 

A adaptación do contorno dun bordo, para a súa posterior colocación no lugar axeitado, recibe o nome de fasquiar, técnica esta que precisa de especial atención para conseguir resultados óptimos. Mediante a fasquía, que é unha peza delgada de madeira que colocamos no sitio onde irá o bordo conseguimos, utilizando o compás e un lapis, tódalas referencias necesarias para face-lo bordo. Tamén se chama fasquía a presencia do barco. Así, dicimos: “este barco ten boa ou mala fasquía”, en función de se nos gusta ou non. Tamén utilizámo-la expresión mariñeiro, pero xa non referida á estética do barco, como sería o termo fasquía, senón ó conxunto de cualidades que o fai comportarse ben ou mal no mar. Así dicimos, “ este barco e moi mariñeiro” ou “non e mariñeiro”.

Esta foto amosa os bordos de abaixo e do medio, xa feitos e colocados no sitio que antes ocupaban a vagras que determinaban o seu contorno.

9.- Bordo de abaixo. 10.- Bordo do medio. 11.- Cravadeiras exteriores da popa.

 

9.- Bordo de abaixo. 10.- Bordo do medio.

 

Nestas fotos aparece xa colocado o terceiro bordo, ou bordo de arriba, e podemos ver perfectamente o detalle do “tingladillo”, na popa e na proa da embarcación; así como as varengas das caderna que recibirán o fondo, non da medeira das típicas gamelas de babor a estribor, senón de proa a popa, característica esta moi peculiar para este tipo de embarcación.

12.- Bordo de arriba. 13.- Varengas.

 

Cos tres bordos virados, e unha vez colocados sobre eles as cadernas cóas súas varengas, que recibiron o fondo, procédese a colocación das regalas, coureis e de tódolos elementos que conforman a cuberta (corredores, panetas, bancos, pés de amigo, xunquiño), dos reforzos lonxitudinais interiores (sobrequilla, cordas, peañas), e prestaráselle especial atención á fura do pao e ás guías, que irán no banco de proa. A colocación da quilla e do temón, serán dos últimos traballos que se realicen, xunto coa colocación das remadoiras, toletes e rozadoiros.

Para  a construcción da gamela utilizóuse, para os bordos, corredores, panetas, fondo, pao e verga o piñeiro do país; para as cadernas e proa, o carballo; e para a sobrequilla, cordas, peañas e quilla, o eucalipto. A utilización de distintos tipos de madira responde ós requerimentos de dureza e flexibilidade que demanda o sitio onde vai ser colocada a peza. Como exemplo, diremos que para os reforzos lonxitudinais, como a sobrequilla, quilla e cordas, o eucalipto proporciona unhas condicións de elestacidade e flexibilidade que non achega o carballo; sen embargo, para a estructura da embarcación (cadernas, proa, etc.) as condicións mecánicas e de dureza do carballo son inmellorables.

A Esperanza-Libertade xa rematada

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAQUETISMO NAVAL

 

Ainda que pasa desapercibida, esta afición, é desempeñada por moitos dos nosos veciños. ¿Quen non ten unha maqueta na súa casa?, constame que a lo menos a que a comisión de festas do Carme 03, regalaba a cambio dun donativo. Pero esta afición, vai máis alá de un pasatempo, a veces convertese en verdadeiro “arte”. Proba delo é a colección de creaccións propias que o noso veciño de Cesar, Santos Sieira Rodríguez posúe.

Ver Maquetas

 

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HISTORIA DA MARIÑA

 

¿De donde proceden as voces “babor” e “estribor”?

Pois ben, non hai moito escoitei falar a un alferez de navío como lles contaba os cabaleiros-alumnos da Escola Naval Militar, a bordo dun “nove metros”, que a voz estribor viña de “star board”, en galego “o costado da estrela” e que tiña o seu orixe nas navegacións hacia América, alá polos séculos XV-XVI, posto que como o rumbo a seguir era Oeste a estrela do Norte, a Polar, quedaba polo costado dereito.

Cando xa daban por boas a palabras do oficial, un dos aspirantes dixo:-A sus órdenes mi oficial, con su permiso me gustaría dar mi opinión-, o que non se percatara o oficial e que no grupo que tiña para instruir, estaba composto na súa maioría por Alumnos de Mariña Mercante que se encontraban facendo a mili polo “servicio de formación de cuadros de mando”, e que polo tanto estudiaran bastante máis sobre o tema. Despois de dar o seu permiso, o alumno comenzou dicindo, que alá pola época dos romanos, quince siglos antes do que o oficial falara antes, as construccións navais tiñan, para que nos entendamos, duas proas. Polo tanto o timón era chamado de “espadilla”. Para que nos fagamos unha idea, tratábanse de construccións similares as traiñas en canto a forma da popa e ó timón, posto que a “pica” da traíña non deixa de ser un timón de espadilla. A única diferencia está en que por aquel entonces, a espadilla estaba no costado dereito da embarcación, polo tanto “steer board” pasou a ser “starboar” en inglés, que derivóu en estribor no noso idioma.

Debido a que por este costado tíñan o timón, atracaban sempre polo outro que pasou a ser o “port board” en galego “costado do peirao” e que ó largo dos anos quedou simplemente “port” en galego babor. Así que volvendo a clase anterior, o alferez enmudeceu e por conseguinte a embarcación chamada “nove metros” tamén, pero no fondo todos pensaban: mariña civil 1 mariña de guerra 0.

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

FOTOS

 

 

FOTOS SODINÁUTICA

 

GAMELA

MAQUETAS

 

 

 

 

 

 

 

 

INICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DICCIONARIO NÁUTICO

 

Á vosa disposición este diccionario glosario náutico mariñero para que podas consultar:

A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

 

A (ALFA) ( .-)à Teño buzo sumerxido.

 

ABARLOAR: Situar un buque ó costado de outro ou nun atraque.

ABATIMENTO: O desvío da nave do seu verdadeiro rumbo, por efecto da mar ou do vento, etc. Ángulo que forma a quilla coa dirección da nave.

ABATIR: Baiar o que está no alto: abatir tangóns. Separarse un buque hacia sotavento do rumbo que debía seguir.

ABORDAXE: Acción de abordar.

ABORDAR: Colisionar un buque con outro. Atracar o barco a un desembarcadeiro ou muelle.

ABORDO: En ou sobre un buque.

ACANTILADO: Aplícase ó fondo da mar que forma escalóns oo cantiles. Aplíquese tamén á costa cortada verticalmente.

ACODERAR: E a operación de soster a un buque pola popa, xa sea con un rezón ou ben amarrándoa a una boia.

ACOLLADOR: Cabo que sirve nos barcos para tesar a xarcia. Tamén implemento metálico para tesar ventos, nervios, etc.

ACONCHAR: Extrae-lo vento ou a corrente hacia un paraxe perigoso.

ACHICAR: Extrae-la auga da sentina dun compartimento, dunha embarcación ou dique.

ADRIZAR: Endereza-la nave que está escorada a una banda.

ADUXA: Volta ou rosca dunha cousa; calabrote ou cadea.

ADUXAR: Enroscar, Recoller un cabo. É a operación de coloca-los remos nas chumaceiras en posición horizontal e ca súa punta de proa a popa. Dispoñer en forma correcta un obxeto ou lugar.

AFERRAR: Recoller una vela, toldo, bandeira, etc. Agarrar cun bichero ou garfo.

AGALERAR: Refiríndose as lonas que cubren cualquera parte do buque, é darlles a inclinación necesaria hacia ambas bandas, para que o teito plano que forman os seus planos se convirtan en duas pendientes a modo de tellado.

ALACRAN: Desperfecto producido nun cable como consecuencia da rotura das filásticas que o forman.

ALCAZAR: É a parte superior da cuberta; entre o pau maior e o mesana.

ALEFRIZ: Ranura angular que se fai no codaste e na roda nas construccións de madeira; o seu obxeto é empalmar as pezas que han de forma-lo casco.

ALETA: Parte do costado ou banda do buque comprendida entre a popa e o través do mesmo.

ALGARETE: Díse do buque que perdeu as súas anclas ou amarras.

ALIXAR: Alixerar ou descargar unha embarcación.

ALINEACION: Colocación en línea recta e con un mesmo frente de varios elementos.

ALISIOS: Díse dos ventos regulares que soplan constantemente en casi unha terceira parte do globo, desde as altas presións subtropicais hacia as baixas presións ecuatoriais.

ALMA: Porción de filásticas reunidas en sentido lonxitudinal que forman o centro dun cabo de catro cordóns.

ALMIRANTAZGO: Tribunal de mar inglés.

AMANTE: Toma por regra xeral este nome, todo cabo que teña un chicote firme, e o outro fina nun aparello ou cuadernal, por exemplo: o amante da driza de gavia.

AMURA: Punto medio do buque entre a proa e o través do mesmo. Cabo que hai entre cada puño das velas de cruz.

ANCLA: Instrumento de metal con ganchos que serve para asegura-las embarcacións, aferrándose no fondo do mar e impide que sexan arrastradas polo mar ou o vento.

ANCLOTE: Ancla pequena.

ANEMOMETRO: Instrumento que serve para medir a dirección, a velocidade e a forza do vento.

APARADURA: Nome da fiada ou traca de tablóns do forro, que está en contacto ca quilla e que o seu canto inferior entra no alefriz.

APARELLO: Aparato mecánico composto de dous motóns polos que vai pasando un cabo que se distingue co nome de beta. Conxunto de velas e xarcias das embarcacións.

ARBOLADURA: O conxunto de paus, vergas y masteleiros dun buque.

ARBOLAR: En relación á mar, significa elevarse moito máis alto as ondas.

ARBOTANTE: Toda peza de madeira, ferro ou metal que sae do corpo principal do buque para soster algunha cousa. Peza que sosten ó eixo de cola.

ARMADA: Conxunto de forzas marítimas que sosten o Estado.

ARQUEO: Acción de medir a capacidade dunha embarcación.

ARRIBAR: Acercarse a un peirao ou a un buque. Alexar a proa da dirección do vento.

ARRUFO: Curvidade que se lle da as cintas, bordas e cubertas dun buque, lonxitudinalmente, elevando os séus extremos.

ARSENAL: Grandes almacenes con tódolos elementos necesarios para aprovisionar ou repara-los buques de guerra.

ASENTO: Diferencia entre os calados a proa e a popa.

ASTA: Percha de madeira posta na popa, donde se iza o Pabellón Nacional cando o buque está fondeado ou atracado.

ASTILLERO: Sitio destinado para construir e reparar embarcacións.

ATRACAR: Amarrar un buque a un muelle ou espigón.

ATRAS: Voz utilizada para invertir o movimiento das máquinas, co fin de deter ó buque ou facelo caminar hacia atrás.

AUTONOMíA: Capacidade que ten un buque para permanecer na mar por un período de tempo e cubrir grandes distancias sin reabastecerse de combustible ou tomar provisións a una velocidade dada.

AVANCE: Distancia que recorre un buque no seu rumbo primitivo, despois de que se meta o timón a unha das bandas.

AVANTE: O mesmo que na aceptación común, adiante.

AVERIA: Dano que recibe a embarcación en cualquera parte.

AYUSTAR: Unir dous cabos polos seus chicotes con nós ou costuras.

AZIMUT: Medida en grados no sentido das agullas do reloxio dun astro.

 

INICIO

 

 

B (BRAVO) ( - ...)à Mercadorías perigosas.

 

BABOR: Banda ou costado esquerdo dun buque, mirando de popa a proa.

BAIXAMAR: O estado da marea no seu descenso.

BAIXO: Lugar de poco fondo na mar, donde no hai suficiente auga para que floten as embarcacións.

BALANCE: Movimento de oscilación lateral do buque debido á acción do vento o da mar.

BALANDRA: Embarcación a vela de un só pau con pico e botavara.

BALIZA: Cualquera sinal levantada nunha posición visible sobre a costa ou sobre un banco de area, etc., que sirve de guía ou advertencia ós navegantes.

BALSA: Reunión de madeiros a flote, amarrados por medio de trincas ou pernos.

BANCADA, BANCO: Tablóns colocados de babor a estribor nas embarcacións de remos para sentarse os remeiros.

BANDA: Cada un dos costados do buque.

BANDAZO: Tumbo ou gran balance repentino do buque.

BAO: Elemento estructural do buque, de babor a estribor, que descansan sobre os durmintes e que serven para darlle firmeza ós costados e para soster a cuberta.

BARBETA: Torre blindada que asenta sobre a cuberta protectora dos buques de combate provista dunha plataforma giratoria onde van montados un ou varios cañóns de gran calibre.

BARBOTEN: Corona ou tambor de ferro con resaltes e vanos, nos que engrana a cadea da ancla, obligándoa a avanzar a medida que vira.

BARLOAR: Situar un buque ó costado doutro ou dun atraque casi en contacto polo seu costado. Dise tamén abarloar.

BARLOVENTO: Costado por donde sopla o vento.

BAROMETRO: instrumento que rexistra a presión atmosférica. Úsase na predicción do tempo.

BAUPRES: Pau que sae fora da proa con máis ou menos inclinación ó horizonte.

BERGANTIN: Buque a vela de dous paus e con vergas en ambos.

BETA: Chámase así a todo cabo de labor que non ten un nome particular.

BICHERO: Asta larga con punta e gancho metálico nun dos séus extremos.

BIGOTES: Ondas que se forman na proa dos buques en movimento.

BITACORA: Estructura ou base donde se coloca o compás magnético. Libro donde o Oficial de Garda anota todo o relacionado ca navegación e as novedades.

BITAS: Fierros de forma cilíndrica apernados fortemente ás cubertas que serven para tomarlle voltas as estachas.

BITON: Bita pequena.

BLINKER: lámpara ou conxunto delas conectadas a unha chave de telégrafo, e que se utiliza para enviar mensaxes por medio de destellos luminosos empleando o código morse. Destellador.

BLOQUEO: Operación de guerra pola que la forza naval impide o acceso ós portos e costas.

BOGAR: Remar. Acción de impulsar un bote con remos.

BOIA ou BALIZA: Indicador flotante, fixo ó fondo do mar por medio de cable o cadeas, que pola sua forma e cor, da informe para a navegación; pode ser lumínica ou cega.

BOIARIN: Boia pequena

BONANZA: Serenidad, tranquilidade do tempo, mar e vento.

BORDA: Parte superior do costado dun buque. Vela maior nas galeras.

BORNEAR: Virar o buque sobre a sua ancla estando fondeado.

BOZA DE MAR: Cabo que se fai firme a proa dun bote.

BRAZA: Unidad de lonxitud igual a 6 pes. Cabo que se amarra ós penoles das vergas para fixalas.

BRAZOLA: Manco que sobresae da cuberta e que bordea as escotillas a fin de impedir a entrada de auga por elas.

BREA: Betún artificial que se emprega no maderamen dos buques para protexelos da intemperie.

BRIOL: Nome dos cabos que levan a relinga de puxamen hacia arriba ó cargar ou recoller una vela cuadra.

BROMA: Moluscos que se adheren ó casco dunha embarcación ou buque.

BUQUE: Chámase así a toda construcción flotante, xa sexa de madeira, ferro ou aceiro destiñado a surca-los mares e ríos; a súa estructura debe ser sólida e impermeable para resistir os innumerables esforzos que terá que soportar. Existen diferentes clases: de guerra, para a defensa da costa dun país; mercantes, para o comercio entre diversos países ou ó cabotaxe do propio país; asimismo hai buques a vela, a vapor, petroleiros, hospitales, carboneiros, portaavións, escolas, hidrógrafos, etc.

BUREL ou BURIL: Pasador de madeira dura que se emprega para abrir con facilidade os cordóns dos cabos para facer costuras ou empalmes.

 

INICIO

 

 

C (CHARLIE) ( - . - . ) Afirmación, Si.

 

CABECEAR: Moverse o buque en sentido xiratorio sobre o seu eixo transversal, alzando e baixando alternativamente a popa e a proa.

CABILLA: Agarradeira da caña de governo.

CABO: Calquera das cordas que se usan a bordo, construidas con fibras textiles, animales, vexetales ou sintéticas; reciben diferentes nomes segundo a súa mena.

CABOTAXE: A navegación que se fai de cabo a cabo polas inmediacións da costa e tomando por guía os principaies puntos coñecidos desta. Si a navegación efectúase entre portos de paises diferentes pasa a denominarse Gran Cabotaxe.

CABRESTANTE: Aparato destinado a levar as anclas e cobrar os cabos noutras faenas de forza.

CABULLERIA: Conxunto cualquera de cabos e, por consiguiente, o total dos dun buque.

CADERNA: Membro estructural transversal, que nace na quilla e extendese hacia os costados. Forman as costelas do buque.

CAIXA DE ORZA: Lugar donde se aloxa a machina ou quilla de orza.

CAIXEIRA: Abertura ou escopladura que teñen as poleas ou motóns e cuadernales para a colocación e xiro da pasteca.

CALABROTE: Cabo de gran mena.

CALADO: Distancia desde a liña de flotación ó canto inferior da quilla. Profundidad.

CALAFATEAR: Rechear de estopa as xuntas das tablas dos fondos, costados e cubertas, e cubrilas despóis cunha capa de brea para evitar que se aneguen.

CALAR: Sumerxir un barco no auga.

CALETA: Seno de pouca extensión na que se introduce a mar, donde só poden entrar embarcaciones pequenas.

CALIMA: Atmósfera cargada de vapores lixeiros orixinados por la calma.

CALMA: Falta de vento, sosego e tranquilidade na mar.

CALZO: Madeiro amoldado á quilla e pantoque dunha embarcación menor, cando ésta descansa a bordo.

CAMAROTE: Compartimiento usado a bordo para aloxamiento.

CANCAMO: Cabilla de ferro, redonda, de groso e largo proporcionado, que por un dos seus extremos ten un ollo ou argolla e polo outro extremo está roscado para facélo firme á cuberta, costado ou cualquer otro lugar donde conveña.

CANDELEIRO: Barras de madeira ou metal, fixadas verticalmente sobre a regala e que serven para soster extendidos os toldos, ou tamén ós nervios.

CAÑA (do timón): palanca encaixada na cabeza do timón para gobernala nave.

CAPEROL: Parte superior da quilla que se encontra sobre a regala.

CAPIROTE: Tambor do cabrestante.

CARACOLEXO: Escaramuxo; especie de molusco que se pega a obra viva dos buques.

CARAMANCHEL: Enrexados de bronce que protexen os vidrios dos cubichetes.

CARDAN: Suspensión. Par de aneles, un dentro do outro cos seus eixos de suspensión formando ángulos rectos entre sí; sosten ó compás e manteno en posición horizontal sin que lle afecten os movimentos do buque.

CARENAR: Acción de limpar a broma do casco.

CASAMATAS: Son espacios pechados e blindados que levan unha peza de artillería, e van na cuberta principal ou entre a primeira e a segunda cuberta.