PÁXINAS:  12345679101112

 

 

 

 

 

 

Entrevista a un "carpinteiro de ribeira" (o texto e copia literal do orixinal)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha das reliquias da carpintería galega é a construcción de gamelas á man.
As persoas que fan estas embarcacións chámanse "carpinteiros de ribeira". Son persoas, polo regular, de idade avanzada, xa que hoxe cáseque ninguén aprende este oficio. Fan as gamelas por encarga.
Facémoslle esta entrevista a un vello carpinteiro de Cabo de Cruz.
- ¿Qué madeira utiliza pra face-las embarcacións?
- Mira, unha gamela ten varias partes e a madeira non é sempre a mesma. Así pra face-los bordos usamos madeira dun piñeiro verde.
Aclaramos que os bordos son os costados e fanse con táboas delgadas que se poden doblar.
- A proa é de carballo porque esta madeira e máis dura, aguanta os golpes do mar e máis clavan mellor nela as puntas, agarran mellor.
- Cóntenos logo como se empeza a

 

 

 

 

 

 

 

 

facer unha gamela.
- Primeiro faise a proa e máis o plan. Por último os remates.
- ¿Cómo teñen que ser o clavos?
- É importante que estean galvanizados. Así a oxidación é moito máis lenta.
- ¿Canto tempo leva facer unha gamela?
- A un home dos de antes uns sete días. A un dos de agora trece ou catorce.
- ¿Por qué lles leva máis tempo ós de agora qué ós de antes?
- Os de antes traballábamos por necesidade. Os de agora levan unha vida máis tranquila. Oito horas e fora.
- ¿Vostede que embarcacións fai?
- Chalanas e gamelas. As chalanas levan o fondo ó través e as gamelas ó longo da embarcación.
- ¿Con que madeira fai os remos?
- Os remos téñense que facer cun casqueiro da primeira torada dun  piñeiro, pra que non teña nos. Non pode ter nos porque se os tuvera, rompería con facili

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Análese da entrevista anterior

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oxe en día, faise evidente que se o entrevistador era Quique Places, e dita entrevista facíalla a un "vello carpinteiro de Cabo de Cruz", é de supoñer que se trataba do séu avó.
Así que estamos ante unha entrevista para a historia de Cabo, posto que se trata dun artesán experto na construcción da "embarcación tradicional de Cabo de Cruz, a GAMELA".
Ná segunda edición da revista A BENZA, Quique volve a aparecer por medio dun dibuxo a man alzada dunha gamela común, que eran as que se facían hai 20 anos. Nela amósanse as partes máis importantes.
Da entrevista de arriba, podemos sacar algo en limpo, posto que se vós fixades, o artesán difire entre "gamela" e "chalana", dicindo que a principal diferencia é que as chalanas levan o fondo ó través e as gamelas ó longo da embarcación. Como as gamelas se deixaban de facer debido a aparición dos motores foraborda, as

 

 

 

 

 

 

 

 

 

dunha chalana.
Este tipo de gamela é unha contribución exclusiva da zona de Cabo de Cruz á rica etnoloxía marítima da ría da Arousa. Sen profundizar moito, o fondo, ainda que plano, non é o clásico da gamela con táboas de babor a estribor, senón que a súa colocación e de proa a popa; tamén pola inclinación da súa popa exagonal e outros aspectos constructivos diríase que naceu para cubrir o oco entre gamela común e a dorna. Trátase en todo caso, dunha embarcación moi singular, dedúcese tamén das súas características técnicas un alto nivel de prestacións tanto a remos como a vela.
A vela que se utiliza nesta embarcación é a nomeada mística. A arboladura é sinxela, leva un obenque a barlovento que serve ó mesmo tempo de driza, leva un motón e no tope do pau incrústase unha peza chamada "noz" para que poida correr ben a driza.