|
As bateas son o medio de vida da
meirande parte das familias de Cabo de Cruz. A persoa que está a falar
conmigo é un "fabricante" de bateas. É moi conocido por estas
terras debido ó seu traballo, e preguntámoslle:
-¿Onde fai as bateas?
-Nun asteleiro.
-¿A quen lle encarga a madeira?
-A madeira encárgolla a ós carpinteiros e máis ós fragueiros. Estes
últimos son uns tratantes que andan a comprar madeira polos montes.
-¿E como chega aquí a madeira?
-Pois no monte, os tratores arrástrana hasta un cargadeiro. Desde alí ven
en camións ou "trailers". O chegaren eiquí descárgana co seu
volquete ou senón, un trator vai tirando polas vigas.
-¿Qué madeira é mellor pra esta construcción?
-Iso depende. Pros flotadores é mellor utiliza-la de carballo, ainda que
tamén pode vale-la de eucalito ou a de pino. Pro resto da batea úsase a
de eucalito.
-¿Qué ferramentas usa?
-Pois as ferramentas du n carpinteiro e algunhas máis. Úsase moito o
serrón, a machada, o martelo, as tren
|
|