PÁXINAS:  12346789101112

 

 

 

 

 

 

Entrevista a un zapateiro (o texto e copia literal do orixinal)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ser zapateiro é algo moi bonito. Imos falar con Julio das suas cousas e das que máis nos interesan.
- Cando eras pequecho, ¿xa che gostaba ser zapateiro?
- Si, gostábame moito. Pasabo o día cun par de zapatos vellos e intentaba arreglaros como mellor podía.
- Se non foras zapateiro, ¿Qué outro oficio che gostaría?
- A mín, carpinteiro.
- ¿E por qué carpinteiro?
- Porque toca madeira. ¿Gustouche o chiste?.
- ¿Tes máis xente na familia co teu oficio?
- Teño, si. Dous irmáns e un sobriño.
- ¿A que anos empezache ti?
- Máis ou menos ós catorce.
- ¿Canto tempo lle levaría a un

 

 

 

 

 

 

 

 

principiante amaña-los zapatos coma ti ?
- A miña opinión é que neste oficio, coma nos outros, nunca sabes todo. Cada día aprendes máis cousas. Sabe-lo necesario leva pouco tempo. Depende da ilusión que poñas.
- ¿E ti levas moitos anos nisto?
- Pois déixame que o pense. Debe andar ó rente dos trinta.
- Dime como se chaman estas ferramentas que tes por eiquí.
- Mira, este é o martelo, que se diferencia dos de carpinteiro pola súa cabeza patela e redonda. Estas son as cuchillas, a lesna, o fio, as pinzas, o motor, a máquina de cose-lo coiro…
- ¿Cando se vende máis calzado, no vran ou no inverno?

 

 

 

 

 

 

 

 

- Como pra cada estación usas calzado distinto, pois vense vendendo máis ou menos igual.
- ¿En que épocas vendes máis?
- Nos comenzos das estacións é cando máis xente ven.
- Neses días cantos pares de zapatos vendes?
- Sobor duns cinco pares ó día.
- ¿Cómo ganas máis, arreglando ou vendendo?
- Eu gano máis arreglando.
- E nas reparacións, ¿cales son as máis caras?
- Bota-las suelas é o máis caro porque éstas xon moi caras xa de por si.
- ¿Qué reparacións son as que máis a miudo se fan?
- Pois poñer tapas ós zapatos.

Juana Mª Silva e Soledad Vázquez 7ºB